|
Xoves 14 de agosto de 2008
20.15 h Saída da comitiva da Raíña das Festas do San Roque 2008 do edificio Liceo. Esta comitiva estará formada pola Escola Municipal de Folclore Grupo Azougue, o grupo de baile As Garelas, o grupo de gaitas Os Brigantinos, a Banda de Gaitas da Escola de Ortigueira, as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo, a Raíña das Festas e a súa corte formada polas damas de honra e os acompañantes. Ademais tamén estarán presentes a corporación local escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos, os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música, que percorrerán a Rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila, e a Rúa do Castro ata chegar á Praza da Constitución. 20.30 h Coroación da Raíña das Festas 2008, a señorita Marta Vázquez Amor por parte da alcaldesa de Betanzos, dona María Dolores Faraldo Botana. Seguidamente procederase á lectura do Pregón das Festas. A continuación a alcaldesa disparará o garelazo 2008 e ceibaranse 24 pombas que simbolizan a paz e a liberdade. Rematado este acto na Sala Capitular da Casa do Concello, a alcaldesa e a corporación local ofreceranlle unha recepción ao pregoeiro das festas, á raíña e á súa corte. Como corresponde a todos os anos pares farase tamén entrega dos diplomas acreditativos dos premios Garelos 2008. Entón a comitiva sairá para percorrer as rúas da cidade que conducen á pista Rey Brigo, onde serán agasallados a raíña e o pregoeiro cunha cea servida polo catering Termogalicia - Josmaga que será animada polo grupo Fabian e Cristina. 23.00 h Comezan as verbenas das festas do San Roque 2008 coa actuación na Praza dos Irmáns García Naveira da orquestra Charleston Big Band Venres 15 de agosto de 2008
09.00 h I Rota
da auga organizada polo club BTT Caimanes de Betanzos. A devandita
ruta partirá da Praza dos Irmáns García Naveira
e percorrerá, ademais do noso Concello, os de Coirós,
Paderne e Irixoa cunha distancia de contorno a 45 km e un límite
de participantes de 250 persoas. Nesta marcha poderán participar
persoas de máis de 15 anos aínda que aqueles menores
de 18 anos precisarán dunha autorización das persoas
que exerzan a súa tutela. Correo electrónico: caimanes betanzos@gmail.com 09.30 h VIII Edición do Trofeo de caza Cidade de Betanzos organizado polo Clube de Caza San Humberto. A concentración das persoas participantes realizarase ás 08.00 h no Café Bar Capitol. A saída cara aos campos do monte do Gato terá lugar ás 09.00 h. 10.00 h No segundo andar do edificio Liceo haberá un torneo de xadrez organizado polo Clube de Xadrez de Betanzos. Admitirase un máximo de 50 participantes por rigorosa orde de inscrición. O prazo para realizar esta rematará o xoves día 14. O contacto deberá de producirse no número de teléfono 647 852 201 ou no enderezo de correo electrónico xadrezbetanzos@gmail.com • Trofeos
para os tres primeiros clasificados. 12.00 h Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de 21 bombas de ordenanza. Pasarrúas e alboradas por conta do grupo Os Brigantinos. 18:30 h Saída da comitiva da Raíña Infantil das Festas do edificio Liceo formada pola Escola Municipal de Folclore Grupo Azougue, o grupo de gaitas Os Brigantinos, as Danzas Gremias Xóvenes do Pobo, a Agrupación Folclórica de San Pantaleón das Viñas (Paderne), a Raíña Infantil das Festas e a súa corte formada polas damas de honra e os acompañantes, os pregoeiros, a corporación local escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos e alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música, que percorrerán a Rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila, a Rúa do Castro e a Praza da Constitución. 18.45 h Coroación da Raíña Infantil das Festas San Roque 2008, a señorita Andrea Ramos Varela por parte da alcaldesa de Betanzos, dona María Dolores Faraldo Botana. Seguidamente terá lugar a lectura do pregón infantil das festas, que correrá nesta ocasión por conta do mozo betanceiro Jacobo José Raposo García e Borja Boado López. Posteriormente, na Sala Capitular da Casa do Concello, a alcaldesa e a corporación local ofrecerán unha recepción aos pregoeiros infantís das festas, á raíña infantil e á súa corte. 19.25 h Saída da corporación local, as autoridades e as persoas invitadas, que acompañados pola Banda Municipal de Música dirixiranse á igrexa de Santa María do Azougue, copatroa da cidade, onde terá lugar un acto relixioso que contará coa presenza da Coral Polifónica de Betanzos. Rematado o acto coa comitiva de grupos folclóricos que irán en procesión ata a igrexa de San Domingos. Finalmente a comitiva voltará de novo á Casa do Concello. 23.00 h Concerto
na Praza dos Irmáns García Naveira dun dúo de
artistas cunha longa traxectoria no mundo da música, anteriormente
chamados Los Doré, que interpretarán unha selección
de tangos célebres dos anos 30 e 40, de autores como Carlos
Gardel e Alfredo Le Pera ou Aníbal Troilo e Enrique Cadícam.
TAMARA Sábado 16 de agosto de 2008 12.00 h Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de 21 bombas de ordenanza 19.00 h No Estadio García Irmáns terá lugar o XLI Trofeo San Roque de fútbol, que se disputará entre o Betanzos CF e o Deportivo B. 19.00 h Concentración de conxuntos musicais e artísticos na Praza da Constitución para participar no desfile da Función do Voto na igrexa de San Domingos que contará coa presenza da Coral Polifónica de Betanzos. A comitiva oficial, presidida pola alcaldesa, partirá da Casa do Concello, e formarán parte dela a corporación local en pleno, as raíñas das festas e as súas cortes de honra, a escuadra do rexemento de Betanzos, a Policía Local, maceiros e alguacís, a Banda Municipal de Música de Betanzos, a Escola Municipal de Folclore Grupo Azougue, o grupo de gaitas Os Brigantinos, mómaros e cabezudos, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo e a Banda de Gaitas Airiños de Fene. Percorrerán as rúas da cidade ata a igrexa de San Domingos, retornando ao finalizar o acto litúrxico á praza da Constitución, onde cada agrupación musical e folclórica ofrecerá un tema do seu repertorio. 22.30 h A orquestra ARMONIA SHOW animará a verbena previa ao lanzamento do monumental globo de papel. A continuación contaremos coa actuación do grupo canario Alto Voltaje, sendo novamente a orquestra Armonía Show a que poña o broche de ouro á noite máis grande de todos os betanceiros e betanceiras. 24.00 h Un ano máis haberá o lanzamento do globo de papel máis grande do mundo. O globo sairá ante a espectación de todas as persoas presentes e, baixo a dirección da familia Pita, terá lugar o corte de amarras e o comezo do ascenso do xigante de papel, seguido da queima da clásica fachada de San Roque e rematando cunha sesión de fogos de artificio. Todos os betanceiros contaremos os días para a chegada do Globo do ano que vén.
11.00 h XIII Carreira Popular de Betanzos organizada polo Clube de Atletismo As Mariñas. Saída e chegada na Praza dos Irmáns García Naveira. Poderán participar todas aquelas persoas que teñan máis de catro anos. Haberá premios e regalos para todos os participantes.
Luns 18 de agosto de 2008
12.00 h Disparo de 21 bombas de ordenanza. Comezo dos embarques no peirao do paseo da Tolerancia. Animará os romeiros a charanga NBA. Xa no campo dos Caneiros serán o grupo musical Galaxia xunto coa propia Charanga NBA os encargados de animar a festa. 17.00 h A embarcación municipal partirá rumbo aos Caneiros coas autoridades, personaxes e a raíña coa súa corte de honra. 21.00 h Na Praza de Enrique IV e orientada cara ao río a orquestra Amerikan Top entreterá e animará os romeiros que vaian regresando do Campo dos Caneiros e a todas aquelas persoas que agardan a chegada destes.
12.00 h Disparo de 21 bombas de ordenanza. 17.00 h Festa infantil na Praza dos Irmáns García Naveira con inflables por conta da empresa Galiocio. En caso de mal tempo ou choiva, esta festa terá lugar no Polideportivo municipal 22.30 h Teatro na Praza da Constitución. O grupo Carlos Borsani y el Gad interpretarán a obra Viva Quevedo. Sete escenas e seis cancións constitúen o reclamo para levar ao público ao teatro cun humor que percorre multiples tonalidades: ácido, mordaz, delicado…Os versos do escritor do Século de Ouro soarán distintos e orixinais nun espectáculo no que non haberá tempo para o tedio e si para os sorrisos. En caso de mal tempo ou choiva, esta obra terá lugar na Aula Municipal de Cultura. Mércores 20 de agosto de 2008 12.00 h Disparo de 21 bombas de ordenanza.
Xoves 21 de agosto de 2008
18.00 h Xornada de prezos reducidos nas atraccións da Praza dos Irmáns García Naveira. O Concello de Betanzos en colaboración coas atraccións das festas, para o gozo de todos os nenos e as nenas pon á disposición destes os diferentes aparellos á metade do prezo habitual.
Venres 22 de agosto de 2008
23.00 h Gran verbena na Praza dos Irmáns García Naveira por conta da orquestra
11.00 h III Trofeo
Cidade de Betanzos de Scalextric organizado polo Racing Slot Team
de Betanzos. Terá lugar no Centro de Ocio Embruxo, na Rúa
Doutor Fariña. Pola mañá terá lugar a
competición de nenos/as na modalidade de F1. A partir das 16
horas terá lugar a competición de adultos.
CARLOS BAU 00.15 h Segundo gran concerto das festas. Intérprete de temas tan populares como “Bailar Pegados”, “Galilea”, “Ave Lucía”, “Solo para ti”, “Baila Baila”, “Esa chica es mía”, este artista virá a Betanzos para presentar o seu último traballo A buena Hora, co que se convertiu no n.º 1 en vendas na segunda semana despois da súa publicación, e co que leva xa máis de 25 semanas nos primeiros postos dos discos máis vendidos no noso país.
12.00 h Disparo de 21 bombas de ordenanza. Día de San Paio. Conxuntos de gaitas na romaría de Tiobre.
Luns 25 de agosto de 2008 II Xira Fluvial aos Caneiros 12.00 h Disparo de 21 bombas de ordenanza. Comezo dos embarques no peirao do paseo da Tolerancia. Animará os romeiros a charanga NBA. Xa no campo dos Caneiros serán o grupo musical D-Noche xunto coa propia Charanga NBA os encargados de animar a festa. 17.00 h A embarcación municipal partirá rumbo aos Caneiros con autoridades, personaxes e a raíña coa súa corte de honra. 21.00 h Na Praza de Enrique IV e orientada cara ao río a orquestra Los Lados entreterá e animará os romeiros que vaian regresando do Campo dos Caneiros e a todas aquelas persoas que agardan a chegada destes.
|
||